16.1.09

Veciños do Cabodeiro protestan polas expropiacións

Enfrontamento veciñal no Cabodeiro debido ás expropiacións
(foto de Iñaki Abella publicada no Faro de Vigo)

O alcalde frea a unha veciña afectada polas obras da estrada do Chufre
(foto de Martina Miser publicada en La Voz de Galicia)

O acto de colocación da primeira pedra da construción da nova estrada de acceso ao Chufre rematou cun enfrontamento entre militantes socialistas e veciños do Cabodeiro afectados polas expropiacións (unha das familias perderá a súa casa). A conselleira de Política Territorial, María José Caride, visitou onte a illa para presidir o inicio das obras, pero marchou antes do previsto debido ás protestas veciñais, nas que tamén se viu implicado o alcalde.
Na web oficial da Consellaría poden consultar todos os detalles técnicos da estrada, que desviará o tráfico pesado do centro urbano. As queixas non se mencionan.

27 comentarios :

Anónimo dixo

Eu non sei de que protesta a xente. Farannos unha carretera, expropiamoslle a dous fachas, a un o negocio e a outro a casa e ainda teñen cara a dicir algo. Todos sabemos que o Concello defende o interese dos veciños, e que si esas casas teñen que ir abaixo e porque e moi necesario. Cos cartos que lle dan que compren pisos que temos moitos a vender,e son mais acolledores que unha casa. E que nos deixen vivir tranquilos que o importante e facerlle a propaganda o partido e aplaudirlle o Conselleiro de turno, que e mais importante que a vida de ningun veciño que non estea co rexime. O que protesta facemoslle putadas para que no volva a facer. Esta e a nosa democracia, e o caciquismo do Seculo XXI. Aplaudir e reirse do mal alleo e tan triste que sinto vergonza allea. Sinto asco desta xentuza.A min dame igual que un veciño sea Socialista ou do PP do Bloque ou comunista pero o socialismo e axudar o traballador, non axudar so os que aplauden os conselleiros e acuden os actos propagandisticos. O deste pobo e de pena. Si fora a casa e o negocio dalgun que eu me sei hasta se pasaba a carretera por debaixo da terra.

Anónimo dixo

A carretera e unha gran noticia no dubida nadie. Que para facela hai que expropiar xardins e leiras tamen esta dentro do asumible. Si queremos algo todos temos que retirar terreno para ter unhas boas comunicacions. Tirarlle unha casa a un veciño e algo moi grave, si o axuntamento leva o 20 ou 25 % do terreno nunha area de reparto que lle dean o terreno e que lle dean cartos para facer unha casa similar. O que non poden e valoralo como lles dea a gana porque todos sabemos o que valen as cousas neste pobo. A chabola son catro bloques que chega un perito e non valen nada, pero e o negocio do que vive unha familia, e eso non ten prezo. Con boa intencion arreglase todo pero hai que ter boa intencion. Na publicidade das proximas eleccion o Sr. Touriño di que sera o presidente de todolos galegos. Gustariame que ese eslogan o fixese seu o noso alcalde, e gobernara para toda a xente do pueblo non so pos que lle van facer a pelota os actos oficiais. Eu estou cos meus veciños que son xente coma min con problemas, outros preocupanse de quedar ben cos amigos do Psoe que e o que importa. A min ningun partido politico me da de comer parece que a algunha xente si lle da, e empezo a entendelo. Hai que pagar moito favor.

Anónimo dixo

De acurdo con vos os dous. si a casa en ves de ser de Manolo Cartarola,que é un pobre traballador,fora dos de Charol ou Juliansiño, ou de calquera outro chupapirolas do P.S.O.E non lla tiraban. Rellenaban inda que fora toda a plaia, os cons da sapeira, e chegaban co relleno asta alá ó leste si fixera falta. ¿ou vistes algunha ves na arousa que lle tocaran na propiedad dalgún socialista por facer algunha infraestructura? Non hai mais que ver na avenida da ponte aquel patín que está ensima da carretera e non llo tiraron por ser quen era o animal.ven todo recto e desviaron a asera arredor, e o patín quedou estorbando alí no medio pa que quente os juevos o señor, cando sale o sol.Banda de H de P!! Fixeron a casa os d charol en riasón, o pé do mar, e non ubo quen lle dixera nada,aí non ai costas, e o outro na abilleira ou en gradín levantou a casa po fillo, e foi avante, e eu teño a leira ó lado que ten mais metros que a del e non me deixan levantala que está afetada por costas ¿que vos parese?.... Temos a arousa chea de caciques, temos o cancer no pueblo, e o mais penoso é que non nos damos conta e inda lle aplaudimos coma parvos! Fomos sempre os atrasadiños e os inorantiños, porque non tiñamos puente e estabamos salvajes pero ahora que o temos,seguimos sendo os mismos de sempre ou peor, e cando salen estas cousas na televisión, os de fora inda se ríen de nos e con rasón. Ten que estar sempre o pueblo da Arousa na palestra por culpa de catro chupapirolas e caciques, que si vos dades conta sempre son as mismas caras. cando foi o conflicto do mexillón os cabesillas de todo eran casi os mismos, uns por diante e outros por detrás (excluíndo o alcalde, que tamén é boa ficha). Unha camarilla de casiques que quen mos dera a min a bordo por fora de Sálvora. Dios está arriba e algun dia o verá. Ojalá que os cartos que meten pos seus bolsillos fasendolle tirar as casas a estes vesiños pa que pase a carretera,lle fajan falta algun día a cada un deles pa comprar medicamentos.

Anónimo dixo

Sin estar de acordo cas formas deste terceiro comentario, no fondo ten toda a razon do mundo. Pero o problema mais grave e que a xente esta contenta e votaos sempre. Mira que fan favores desde logo. Que o Pxom e flexible e interpetrable tamen. Interpretano eles claro. A min o que realmente me jode e que uns veciños que sufren por unha situacion tan dificil coma que che boten da tua casa e que outros se rian e se preocupen de aplaudir a unha señorita que ven de Santiago a facer propaganda. Eso e o mais triste. E non se che ocurra a ti falar mal do alcalde en publico que se botan a ti, a Aznar, Rajoy, Fraga, Feijoo chamalle hijo de puta cantas veces queiras que todos che aplauden pero o PSOE faino todo ben. Que fai cousas ben por suposto que si so faltaba, pero o peor que fai e tratar de distinta maneira os veciños. Todos temos que ser IGUAIS. TODOS IGUAIS NON SOLO FAVORES E TRABALLOS OS QUE APLAUDEN. Miren o comentario de Sito Vazquez ex alcalde socialista no seu blog, arousa a debate, criticando o axuntamento por emplear a todos fillos e sobriños de militantes. No digo eu dio un do PSOE. Ou e que a el non lle fan xa favores vai ser.

Anónimo dixo

o q escribeu o terseiro comentario.
ojala el teña cartos pa medicamentos q sejuro q xa ll fan falta.
e cambiando de tema, eu creo q a carretera e moi importante pa todos, sobre todo pa quitar camions do medio.

Anónimo dixo
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dixo

Que a carretera e moi importante no dubida ninguen. E algo bo para todo o mundo. O que hai que ter e un pouco de sensibilidade ca xente que o esta pasando mal, pola incerteza do que vai pasar co seu futuro. Reirse asi de veciños que non saben que vai ser das suas casas e moi triste. Eu non entendo porque hai xente que se indigna porque outros queiran defender o que e seu. Que teñen que facer baixar a cabeza e que fagan o que queiran ou que. Un pouco de sentido comun.

Anónimo dixo

¿NEPOTISMO NO CONCELLO DA ILLA DE AROUSA? por SITO VAZQUEZ, no seu blog e na revista ACD Dorna.

A muller do César non só ha de ser honrada, tamén ten que parecelo. Este dito que ten uns dous mil anos non por vello está oxidado. Hai frases que, coma os metais nobres, o paso do tempo púleas e relucen máis.


A min non me cabe dúbida que os membros do equipo que goberna no concello de a Illa de Arousa, son xente honrada e traballadora. Digo con absoluta sinceridade, porque os coñezo de tempo e por algúns deles poñería a man no lume, aínda que non a poñería por todos coa mesma firmeza

Non todos os veciños da Illa teñen a mesma percepción.

Hai xente que constata que non se usa a mesma peneira para todos: uns penéiranse co cribo de malla grosa e outros coa peneiriña do óleo da fariña. Todos son peneirados, anque non é o mesmo pasar por un buraco de un centímetro, que polo de un milímetro.

Nunca chove a gusto de todos. Cando se toman decisións, por moito coidado que se teña e por moi necesarias que poidan ser ou parecer as medidas adoitadas, sempre a de haber a quen a chuvia lle colla a roupa fóra. É inevitable.

Cando se dan casos nos que as decisións parecen favorecer a varios membros das mesmas familias e, se ademáis esas familias, son militantes socialistas ou amigos estas decisións han de ser moi craras e xustificadas. E dicir, débese actuar con obsoluta transparencia.

Na rúa fálase: hai comentarios de discriminación con nomes, con títulos, sen títulos, con cargos, sen cargos, con amigos, sen amigos...

Os propios MILITANTES SOCIALISTAS NON teñen respostas convincentes coas que defenderen determinados feitos administrativos. É preciso que se saiban, pois non hai peor xestión que
a que fire as persoas por sentirense menospreciados.

Xa ten chovido moito dende que corre o dito popular de que un crego é aquela persoa a quen todos lle chaman padre menos os fillos que lle chaman tío. Este feito non era exclusivo de Galicia; era de toda a cristiandade.

Estes sobriños recibían prevendas e privilexios que se lles negaban ós demáis.

Os italianos coñecedores das debilidades da curia romana e facendo uso da súa recoñecida imaxinación buscaron unha palabra para denominar estes abusos de poder. A palabra que se impuxo, non podía ser máis expresiva: nepotismo.
(Nepotismo ven do italiano nepote, que equivale en galego a sobriño).

Actualmente a palabra traspasou os Alpes e convirtiuse en multinacional en alza, que cotiza nas bolsas de políticos sen escrúpulos.

Os veciños da Illa de Arousa non comprenden certas decisións. Os militantes socialistas non teñen argumentos para revatir rumores que veñen intoxicados. Hai que darllos.

A acusación que máis lle doe a un político que traballa (ou traballou) honradamente pola defensa dos seus ideais é a frase despectiva de que "todos os políticos son iguais".

¡Non é certo!
E sería ben que na linguaxe políticamente correcta non figurase esta ofensiva expresión.

Anónimo dixo

Este tamén vai dirixido o terceiro comentario,pero non me vou poñer tampouco o seu nivel, o único que lle vou decir e que ningún dos que nombra ahí teñen a casa, nin nada, NADA feito ilegalmente, antes de facer a casa ou negocio, o ou que sexa, tiveron que esperar anos, ANOS!!para que todo fora ca lei por diante, cousa que outros non fixeron nin fan.
E podería seguir insultando,que sempre queda mellor, e dar nomes, ou dicir que a chabola e todo canto hai ahí é ilegal, pero como xa dixen, non me vou por o mesmo nivel.

Anónimo dixo

E en canto o do mexillón, ó mellor, se non foran por diante algúns, foran do partido que foran porque que eu sepa, dentro da miña ignorancia, ahí afectábanos a todos por igual, non se fasía nadiña, porque o que hai é que moverse!!! é moi comodo estar aquí diante do pc e botar bichos e culebras, o que é máis difísil e por a cara por diante, e expoñerse a este tipo de cousas tan bochornosas...ahí queda eso.
E eu voto o psoe e non por iso teño traballo!!!non todos somos iguais.

Anónimo dixo

A diferencia entre os que teñen as casas legais no mesmo sitio que outros as teñen ilegais e que esperaron uns anos a que lle arreglaran o papeleo. Solo arreglan as dos amigos claro. Pola boca morre o peixe, o meu terreno non e edificable nin esperando un ano nin vinte porque a unica opcion para selo e venderllo a uns deses que teñen todo moi legal. Para ti non sirve pero para min si. A chabola si fora deses que teñen todo legal e que non nombramos pero todos sabemos hasta facian un tunel por debaixo. Ojala fagan a carretera respectando os dereitos dos veciños e chegando a un acordo sensato con eles. Un saudo.

Anónimo dixo

NOTICIA DO MERCORES 21 DE XANEIRO
LA VOZ DE GALICIA

El acto de colocación de la primera piedra de la carretera de O Xufre y los incidentes que allí se produjeron han llevado al concejal del Bloque de A Illa, Carlos Otero, a reflexionar sobre el «radicalismo e forofismo político» que ha venido a sustituir «o espíritu solidario e unido que nos caracterizaba». «Moitas veces parece que tes que pedir permiso para vivir neste pobo se non eres da corriente oficial», dice el nacionalista.
Otero Chaves considera «penoso, e incluso unha falta de respeto por parte das administracións e autoridades que se inauguren unhas obras sen antes poñerse en contacto coa familia á que se lle quita a súa vivenda». Para ellos, la solución que propone es que se les proporcione «outra casa na que vivir semellante á que teñen». Critica el papel del gobierno local, que «bota balóns fóra sen importarlle o máis mínimo unha familia deste pobo». También le parece vergonzosa, dice, «a actitude dalgúns radicais, insultando, berrando e poñéndose en contra desa familia. Gostaríame ver a algún dos que tanto berraron se os afectados fosen os seus fillos».

EU SUSCRIBO AS PALABRAS DE CARLOS COMA MIÑAS. ESTO E SENTIDO COMUN.

Anónimo dixo

Temos o que merecemos. Un partido que leva gobernando na arousa que pra nos non fixo absolutamente nada, porque para min facer auditorios e cousas bonitas para o turista non soluciona os problemas de vivienda que temos nos.

Eu conozco de primeira que non se aplica a misma regla para todos da illa. Non hay mas que ver que nas aceñas non se pode obrar, pero fai uns anos, casi o final da carretera, detras da casa de os cañons fixeron unha casa de pedra. O ceoncelleiro de urbanismo di que a casa e ilegal, pero sei ven como se levantou esa casa xa que tinhan os planos no ayuntamiento e deronlle o visto vo pa obrar. E ese como moitos mais exemplos.

Pero os da Illa somos tontiños, nos acabaremos marchando todos da Illa para que os ricos do PSOE tenhan esto so para eles.

O que deberiamos de facer e presentarnos todos no ayuntamiento e manifestarnos asi como fixeron en nigran. A Illa para os da Illa.

Con todo que fai falta na Illa as aspiracions do alcalde e facer a porta da Illa, gran cousa para os Isleños. Porque non coller ese terreno e facer VPO e baratas para os xovenes que temos que fuxir da Illa por non poder pagar os precios de mini pisos.

Vazquez dimite corrupto!

Anónimo dixo

o que pasa na arousa e que catro charoles, catro caralladas, catro bocas de raia, larú y compañía se creen que a arousa e propiedad única e exclusiva deles. por eso cortan e pinchan donde queren e como queren. aproveitan que teñen o poder para reirse da xente.para reirse de quen lle dou a moitos deles un bó lance de cartos, e ahora volven a reir contentos en como lle tiran o negocio por non ser do partido deles. ¿por donde era o primeiro proxecto desa carretera anos atrás? no transformador seguía dereito xa a caer no muelle. pero non interesou, porque collía a de alicates, a de carallada y compañía e entre eles taparon todo e quedou en nada. para que se vexa. puñeteros carroñeros!neste pueblo como non seas socialista xa estás en punto de mira, para a calquer hora recibir un disparo. e o día que puxeron a pedra inda van a aplaudirlle e a darlle claveles á hija de puta esa. non vos abían de enterrar a todos xuntos na cova. están moi orgullosos do seu alcalde. o que non saben e que anda sempre perdido en santiago na xunta , sin saber a donde ten que ir pa nada. conseguironse bastantes cousas pa arousa, gracias a quen as consigueu, pero non por vázquez. si estuveramos a esperar o que traía el de santiago, inda oxe andabamos cas vasenillas tirando o mexo e a merda nos quinteiros, que nin saneamiento consigueu. veu grasias a quen foi con el a donde abía que ir, sinon el nada.e como esto,moitas cousas que nin me molesto a poñelas aquí, e que nadie me pode desir que é mentira, porque eso vivino eu en persona, asique... el levou os méritos, que é o único que sabe faser, ademais de andar aboiado pola xunta, arriba e abaixo, el solo, sin saber a dnde ten que ir petar. vimolo bastantes personas que fomos alá esta semana pasada. dá verdadeira pena. un burro con traxe. pero que anden alerta que o que ríe de último ríe o mellor. por poñer "a primeira pedra" non acojonan a nadie. tamen puxeron 3 ou 4 cando foi do puente e mais... fixose cando lle chegou a hora. Ánimos a todolos chaboleiros e chaboleiras que tendes a media arousa xa con vos, e todos xuntos conseguirémolo.

Anónimo dixo

esperemos que si. e despois son eles os que falan da dictadura. si son os socialistas peores que franco 1000 veces! pa algunhas cousas quen nos dera a franco, inda que fora morto de 15 días. fixo casas pos pobres nas laxes e no monte que foron unha rejalía. fixeronas sin faserlle daño a ninguén e sin tirar casa ningúnha. e ahora chegan os listos de turno a faser a "porta da illa" a faser edifisios bonitos, auditorios... todo pa comodidad deles, pero non pa dos vesiños.Consinten faser semejantes pisos de lujo, todo pa xente de fóra.porque levan eles quiñon no bolsillo,íscanlle ben, por eso o consinten.e si algun dia fan eles casas baratas como teñen proyectado, esas repartenas xa entre eles, ou que pensades? marcan eles co dedo pa quen son. co mismo dedo que marcan a fulano e citrano cando os chaman pa ir traballar po axuntamento.así que todos son da familia. todo queda na casa.
e a nosa xuventú tense que marchar daquí por non poder faser 1 casiña pa meterse dentro, nin poderlle chegar a un piso. teñen que marchar pa fora vendo como todos eses pisos están vacíos todo ano, criando paxaros. non é de pena? a arousa non discrimina a ninguen que veña de fora. nunca o fixo. pero penso que primeiro somos nós e despois os de fora. si esto non é así,que imagen queremos dar? a carretera fai falta.claro que sí. e a necesidad mais grande da arousa oxe por oxe. pero o que non se pode faser é chegar asoballando, tirando, e botando abaixo casas, poñendo xente na calle por non ser do seu partido sin darlle unha solución. esa xente non se nega a que lle tiren nada. o que queren é que si lle tiran as casas que lle busquen onde meterse. ou con 4 patacóns mal dados xa van ben pagos? non sabemos de sobra canto valen as cousas neste pueblo? señores!... e o que é mais penoso aínda, é ver a crueldad de algunhas personas que inda lle van a aplaudir e darlle eso por moi ben feito.en que siglo estamos? ten rasón o que dí por ahí arriba nalgun comentario que somos mais ignorantes oxe, que cando non tiñamos puente. abride ben os ollos. e estenderlle a man a quen nesesita da nosa axuda,sea do partido que sea, sea da maneira que sea. mañan ijual somos nos. a arousa sempre foi unida e temos que dar fé de que eso se mantén vivo.non deixemos que catro caciques nos fagan perder a idiosincrasia da nosa arousa. eu tamen digo o mismo, a chaboleiros/as e demais afectados. non rendirse, que ai moita xente con vos, e seguro que conseguiremos solucións.

Anónimo dixo

Eles votan o PSoe da illa, e din que son socialistas, pero non teñen nin idea do que e eso. Son de extrema dereita, ou extrema esquerda realmente no sei. Politicas para os ricos, para os amigos para os que mais teñen. Eu son mil veces mais socialista que todos eles, e si fosen socialistas de verdade non farian o que fan. Revanchistas, caciques e despiadados. Eu estou cos meus veciños que estan en apuros porque hai un refran que di, que cando as barbas do veciño vexas cortar pon as tuas a remollar. E os problemas hoxe son de outros pero mañan poden ser teus e hai que entender e axudar no que se poida a esa xente. Si estas politicas as fixesen outros, os que se chaman a si mesmos SocioLISTOS, que no son, terian o pueblo levantado en manifestacions e protestas. E o peor de todo e que estan generando un odio que tardara moitos anos en curar, esto e crispación pura e dura. Miren para o pobo e menos o seu ombrigo. Mais abrigos para as embarcacions, mais instalacions para que a xente faga deporte, e menos portas da illa que realmente non sei para que e. Ou si para presumir do que non somos. Somos mariñeiros e traballadores e por esa xente hai que mirar, non por SERCOYSA.

Anónimo dixo

Eu son socialista,votín a este goberno tanto a nivel local coma comunitario ou estatal, estou de acordo coa politica que está facendo o goberno tanto a nivel galego como de españa, e tamén vexo moitos cambios na illa. Considero a carretera o máis importante, o que máis urxe, algo absolutamente necesario para todo o pueblo,incluso antes que as instalacións deportivas e o novo Regeiro que tanto deseo, pero non por eso quero que lle tiren a casa a ninguén, nin teño traballo, nin nada do que se nos está a achacar ós socialistas, e máis penso que se está a facer unha caza de bruxas, porque os chaboleiros/as, e con eso refírome a toda a calaña de fachas franquistas, eses que din que franco fixo as casas baratas e tantas cousas máis...dicirlle que se estivera franco non estariamos falando disto agora, e eu por ser muller menos!!!e si non fora polo noso querido Aznar que implantou os putos contratos basura, o mismo que lle dou a nosa pasta as grandes empresas constructoras, entre elas SERCOYSA, outro galo cantaría, e os da illa poderiamos comprar pisos e casas na illa, e máis, se non estivera o cacique máis grande da historia tantos anos na xunta a illa sería outra, mirade pa Vilanova; o que pasa que nunca nos deron nada e ahora que se ve que algo temos tampouco estamos contentos porque queren segir mandando eles, e no, eso acabouse a dictadura acabouse.
E repito, con estas palabras non quero que se lle tire nada a nadie, o que quero é que fagan o mellor para todo o pobo, e para iso tamén hai que ceder e non estar en contra de todo o que se intenta facer só para desprestixiar, eso si que é crispación, porque o principio a carretera iba a ir por outro sitio donde non tiraban casas, pero non quixeron que fora pola praia(lóxico, pero era o único modo de non meterse en lios destes) entón pois por encima, pero hai que tirala casa, a ver como fasemos? eso si, no que si estou de acordo e que si a tiran, téñenlle que pagar o seu valor.

Anónimo dixo

E de enchufismos, na illa, os do p.p son os que máis teñen que rascar porque que eu sepa, non hai nadie contratado no Principe Felipe ou mesmo na diputación, que non sea militante ou "fillo de", eso non se vé nin o din, pero aquí estou eu pa contalo,nin sequera pasan unha oposición ou exame, vai así, ó dedillo e ó descaro, eso non se ve non se olle, non se di. minto¿?

Anónimo dixo

Seguro que si, aqui o que non corre voa. Pero o que non nos podedes vender e que o Psoe da Illa, e a panacea da legalidade.. Que haya xente que estudiou moito e con carreiras, sin traballo e catro que non saben nin escribir que atopen chollo a dedo, sen exame e sin nada, so por ser fillo de, nora de, ou prima de, incluso o di Sito Vazquez eu no invento. Eu digoche que non tratan os veciños igual, e nun pobo no que nos coñecemos todos hai que ser mais ecuanimes. Que os da diputacion axudan os deles os da Xunta tamen eso xo sabemos. Pero que os de aqui de santos non teñen nada tamen. Pero a culpa da corrupcion urbanistica neste pueblo, ou si no queres chamar corrupcion e trato de favor a certas personas e empresas e culpa de Aznar como pon hai a nosa compañeira. Un pouco de autocritica, e responsabilidade. E fora deso aqui do que se trata e de que uns veciños simpatizantes do Psoe se rien dos problemas dos outros, e eso e de personas moi baixas. Pero eu non son asi e creo que moita xente non e tan ignorante. Eu cando vou traballar o Psoe nin o PP nin o Bng me da nada, que o teño que sudar eu, pero hai xente que parece que lle dan algo, e o mellor e por eso. Que hai algo a cambio ou simplemente son torpes.

Anónimo dixo

Eu culpo a Aznar do que pasa aquí porque é o mesmo que pasa en toda España, ou no¿?
Outra cousa, sigo sin crer que nadie se ría da familia á que lle queren tirar a casa, imaxino que o unico que intentan e defender o seu, igual que os outros, porque eu tamén me sinto insultada por esa xente cando din que nos teñen comprados (e con esto refirome os votantes socialistas) sigo pensando que é unha caza de bruxas e que sí, tedes razón que as cousas se poden facer de mil modos diferentes, e que hai que tratar de chegar a un acordo, eso por suposto, pero sempre ides estar contra, porque queredes mandar, e por ahora, mentres non se gañe unha elección, non pode ser, e con esto non quero dicir tampouco, porque sei que mo ides a entender dese modo, que hai que ser sumisos, no, o que hai é que protestar cando hai que protestar non por todo, porque así nunca vamos a ter nada na Arousa. un saudo.

Anónimo dixo

o que faltaba, culpar a Aznar do que pasa na Illa. Tipico socialista.

Anónimo dixo

Ten toda a razon do mundo. O cabron de Aznar ten culpa de todo o que pasa no mundo mundial, que nin siquera un crack coma Zapatero pode arreglar tal desfeita. E o noso alcalde e os amigos que mandan mais que el, outros cracks que non puderon mais que sucumbir os encantos da especulacion. Aznar culpable, sin duda. Como en oito anos se pudo arrebentar asi un pais. Suerte que estos xa nos levan polo bo camiño. Pepe Blanco presidente, e a Moncloa no furado.

Anónimo dixo

Manifestacion na Illa de Arousa convocada para el día 21 de febrero, a las 5 de la tarde delante de VillaPSOE.

Mas informacion:
http://orfeu.es/costas/villa_Psoe_manifestacion.php

Anónimo dixo

Gustaríame pensar que non é puro electoralismo.

http://orfeu.es/costas/disculpas_a_pepe_Blanco.php

Anónimo dixo

Para los que estamos perdiendo propiedades y negocios tanto nos da que sea el PP, PSOE, BNG, IU o quien sea. No hay derecho a que unos pierdan sus propedades, queden en la calle y otros puedan edificar al lado del mar como el ejemplo de VillaPSOSE, este o no vinculado a ello pepe blanco.

No podemos negar la realidad actual, gente quedando sin casas por la ley de costas, gente quedando sin trabajo y sin cobrar el paro. Y que los politicos puedan vivir dentro de los mismos metros que en igual de metros otra gente a perdido todo. O que se puedan dar los politicos el lujo de gastar 300,000€+ en un piso de veraneo cuando hay familias Españolas pasando hambre y comiendo de conenedores de basura, vamos algo no esta bien, por lo menos no moralmente bien.

Si tomamos la situacion de la Isla en particular. Cuantos de nosotros no podemos obrar? cuantos no podemos tan siquiera hacer una adiccion para un baño mas? Cuantos perderemos terrenos por estar dentro de el desinde de 100m de costas. Ves normal que el deslinde do cabodeiro se bajara de 100m a 20m? No es algo sospechoso en lo minimo? Vamos tenemos que darnos cuenta y abrir los ojos que algo no cuadra.

Cuantos necesitan un amarre para su enbarcacion, no de recreo pero con la que se ganan el pan de cada dia y sinembargo lo que se esta haciendo es un puerto deportivo. No se, pero la ultima vez que mire yo los Isleños no son muchos los que tienen el lujo de poder tener una embarcacion deportiva.

Hay muchas cosas que necesita la Isla y asi de pronto un puerto deportivo, a porta da Illa y un museo de conservas es justo lo menos que necesitamos, vamos creo yo.

Talvez unas VPOs? Un pabellon de deportes para los jovenes? Una piscina? Un centro medico digno y que no apeste a diesel la mayoria del tiempo? Arreglar varias calles como el acesso a testos. Seguro que muchas mas cosas se podrian hacer. Pero parece que lo que importa es poner las cosas bien para el turista y los Isleños tener que marchar a vilanova, barrantes, cambados etc etc

¿No puedo ser el unico Isleño que piense asi, no?

Isleños: especie autoctona no protegida.

Anónimo dixo

Nunca oin tantas verdades xuntas. Non era mais necesario un pantalan para os barcos no cantiño, que un porto deportivo. Todo esta feito mirando para que os turistas compren pisos e siga o negocio de catro neste pueblo. E si no queredes ver pois e que estades cegos. E non hai mellor cego que o que non quere ver, e moita xente deste pobo non quere ver porque e o PSOE o que nos goberna. E cando as cousas se fan mal, e hai inxutizas haino que decir, sea quen sea, incluso os intocables do PSOE da illa. Cambiamos os caciques do PP, polos caciques novos, con mais ganas de encheren os bolsillos. Unha pena os politicos de merda que temos.

Luísa dixo

non, non éres o único que pensa así... pero sí que somos os menos...

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...