Buscar neste blog

24 de nov. de 2008

Grandes obras en marcha


As obras de construción da glorieta, na entrada da ponte

A construción da rotonda na entrada da ponte é só unha mostra das grandes obras que están en marcha na illa. A nova glorieta, financiada por Política Territorial, facilitará o cambio de sentido dos vehículos, en dirección á praia do Bao.
As actuacións desta Consellaría non quedan aquí. Recentemente comezaron as obras de ampliación do porto do Chufre, cun prazo de 18 meses de execución e 3,5 millóns de euros de investimento. O proxecto inclúe a creación dunha terceira rampla para a descarga do mexillón e dun porto deportivo cunha capacidade inicial de 70 amarres para esloras entre 8 e 10 metros.
Por outra banda, o proxecto da nova estrada que unirá a ponte co Chufre, pasando pola Sapeira, Cabodeiro e Aguiuncho, segue o seu curso legal, logo de adaptarse aos requerimentos de Costas e lograr o acordo dos veciños afectados polas expropiacións.

10 comentarios:

  1. PENSO QUE A CONSTRUCCIÓN DA TERCEIRA RAMPA PARA DESCARGAS DE MEXILLÓN NON É MÁIS QUE UN CARAMELO QUE NOS DAN PARA QUE ESTEAMOS ENTRETIDOS E CONTENTOS.ASÍ TEÑEN LUZ VERDE PARA A CONSTRUCCIÓN DUN AMARRE PARA EMBARCACIÓNS DEPORTIVAS...E QUE PASA CÓ RESTO DE EMBARCACIÓNS NON DEPORTIVAS?
    É UN PANTALÁN DEPORTIVO UNHA NECESIDADE PARA OS HABITANTES ILLA??? OU MÁIS BEN PARA OS VISITANTES??

    ResponderEliminar
  2. Luísa, estou totalmente de acordo contigo. O porto deportivo terá capacidade para 70 amarres nunha primeira fase, pero nunha segunda fase de obras, para 265! Paréceme que é desproporcionado e que vai ter un custe medioambiental moi alto para os beneficios que vai xerar na illa. É unha pena que este sexa o modelo de vila polo que están apostando as autoridades municipais...

    ResponderEliminar
  3. Certo. Portos de Galicia marxina este pobo, vas a Puebla, Vilanova, Rianxo,Cambados, todos saltan de tenis o pantalan, e nos a flota mais importante da ria, fondeados en bahia pagando religiosamente a portos, que sube o que quere as tasas. As cousas hai que agradecelas cando chegan eso non hai dubida pero e triste ser os ultimos en todo, menos en pagar.

    ResponderEliminar
  4. Eu tamén estou de acordo con Luísa e nailla en que é pouca cousa, para o que realmente necesitan os mariñeiros, pero vexo moi ben a construcción de un porto deportivo,(aínda que me parece un pouco desmesurado o numero de amarres da segunda fase) vexoo ben, non porque eu me adique ou intente adicarme o mundo do turismo,e digo "intente" porque na illa por ahora pouco traballo teño (e non por falta de "materia prima"...)senon porque vexo que vai ser a única saída para tódolos habitantes da illa, por sorte ou por desgracia, eso non o sei; pero con iniciativas coma esta estasenos a dar unha oportunidade a xente coma min, porque si, vale os mariñeiros son importantes, no poño en duda, nin nunca o poñerei, xa que sempre vivín gracias o mar, e ben orgullosa que estou, pero eu estudín turismo, e tamén quero traballar do meu e na miña terra, a illa.

    rumorosa s.a

    ResponderEliminar
  5. Unha cousa que se me olvidou e que quero que conste en acta: quero que a illa medre pero nunca a costa da natureza, eso tampouco me gustaria nada, quero dicir, que quero adicarme o turismo pero tampouco quero que a Arousa se transforme en Benidorm....

    rumorosa s.a

    ResponderEliminar
  6. somos os ultimos de todo, e non meresemos outra cousa. recordame aquela letrilla da comparsa que decía así
    "os que che prometeron a arousa
    con finura e moita elegancia
    que te levaban no corazón,
    non te levaron mais que na panza"

    " e a isla das almas perdidas
    que nin pisca de caso nos fan
    e quedamos sempre atrás de todo, como andan os collóns do can"

    e esto e o que sigue pasando, están mirando o ben deles e dos seus bolsillos, pero non o noso. o socialismo.... quen joberna en vilanova, en cambados, e en rianxo? nos somos os responsables de que esto sea así.

    ResponderEliminar
  7. Tenemos lo que nos merecemos. En parte yo veo bien que en la Isla se plantee el crecimiento del turismo. Estoy seguro que bien planeado, puedan vivir mucha gente a cuenta que la Isla se haga un destino turistico. Pero a mi lo que me molesta es que va en direccion de turismo y los que somo sde aqui de toda la vida estamos quedando de lado. No tengo color politico, pero se ve que el interes del PSOE es mirar por su bolsillo y sus intereses. Necesitamos un concello que mire por los suyos. sea PSOE, PP, BNG o el color que sea.

    La Isla va encaminada como la toja, privilegio para unos pocos, hambre para los otros.

    ResponderEliminar
  8. Non estou nada de acordo en que a Arousa se estea transformando nunha "Nova Toxa" páreceme que o camiño que se está a seguir non é para nada ese, creo que se está a apostar por un turismo de calidade, con non moitos visitantes pero que gasten e consuman na illa, sin olvidarse de proporcionar o maior número de postos de traballo posible, por poñer un exemplo o novo hotel, que se vai construir na zona do Naval, iso vai aportar movemento ás nosas economías, a parte nesta zona tamén se vai crear un pequeno centro comercial, que servirá, de seguro, para a creación de novos negocios...isto por poñer un exemplo, porque podería seguir,xa que hai un montón de proyectos turísticos, polo menos que eu coñeza...
    Tampouco vexo que os nosos políticos se estean enrriquecendo, a verdade, non vexo nin coches lujosos, nin casas de pedra...o que si penso e que nunca vai chover o gusto de todos, e por moito que se faga sempre vai a haber criticas, cousa boa, por outra parte.
    Dicir tamén que creo que é a epoca na que se están facendo máis cousas na illa, ou no¿?

    ResponderEliminar
  9. moi bonitas as palmeiras que desde esta semana adornan a rotonda da "porta da illa"... lástima que non fagan xogo cós númerosos e cada vez máis pronunciados baches que deixaron despois das obras... arreglaránse antes do verán, para os turistas!

    ResponderEliminar
  10. retráctome nas miñas palabras de onte!! qué sorpresa encontrar os baches tapados esta mañán!!

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.