20.10.08

Polbo á illa


Unha das receitas con máis sona da tradición culinaria carcamana é o polbo “á illa”, que consiste en acompañar o cefalópodo con patacas cocidas na auga onde previamente se cociñou o polbo. Esta técnica proporciónalles ás patacas unha cor rosada e un sabor característico. A caldeirada complétase cun rustrido de cebola e pemento doce.
As augas da illa foron noutros tempos moi abondosas en polbos, non é de estrañar que os seus habitantes desenvolvesen un xeito propio de cociñalo.

4 comentarios :

Anónimo dixo

UMMM! QUÉ RICO!! PARECE QUE AS MIÑAS TRIPAS DESPERTARON Ó VER A FOTO.. VAI SENDO HORA DE MERENDAR!

Anónimo dixo

Eu tamen teño fame!!!e non salgo do curro ata as once da noite!!!

Anónimo dixo

A MIN TAMEN M MOLA X ESO SEMPRE VOU O BAR SUSO Q E UN DOS LARE Q MELLOR SE COME O POLNA ILLA. JAJAJA

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...