21.8.08

Continúan as mobilizacións do sector mexilloeiro



Evolución das importacións de mexillón chileno. Fonte: Comadex


O sector mexilloeiro galego permanece en folga desde o pasado 3 de agosto debido, fundamentalmente, á caída do prezo do bivalvo nos últimos anos. Na perda de valor do mexillón influiu a masiva entrada no mercado de bivalvo foráneo, chileno na súa maioría, un produto que, en ocasións, se envasa baixo etiqueta “galega” e que non está sometido aos estritos controis que debe superar o mexillón autóctono.

Por outra banda, as divisións internas do sector, caracterizado polo minifundismo organizativo, non favoreceu a adopción dunha estratexia única para competir no mercado global, de xeito que a crise se agudizou.

Así as cousas, a descarga de mexillón para fábrica permanece paralizada, a pesares da oposición da Federación Arousa Norte e Virxe do Rosario (Vilaxoán), os dous únicos colectivos de bateeiros que se resisten a sumarse á central Pladimega (Plataforma de Distribución de Mexillón de Galicia), aínda en proceso de creación. Con esta plataforma, que agrupa 2.500 das 3.300 bateas existentes, os mexilloeiros galegos pretenden unificar repartos, cobros, prezos e calidades, para lograr unha maior competitividade e profesionalización do sector.

O sector agarda, ademais, a próxima publicación no D.O.G.A. da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia, un selo que podería contribuír a diferenciar e poñer en valor o produto galego.

6 comentarios :

Anónimo dixo

Paremos dunha vez a lenta agonia do sector. Ou unimos forzas ou estamos condenados a perder competitividade. O señor presidente de Anfaco, Juan Vietes di que a culpa de que compren mexillon chileno e dos galegos. Parecelle moi caro, e eso que ai dez anos que baixa o seu prezo. O triste e que ainda ai bateeiros que pensan no seu interese particular, cando as cousas van ben melloramos todos e esto hai xente que ainda non se dou conta. Loitemos xuntos para calar moitas bocas. Un saudo e pola miña parte loitaremos ata o final.

Juan dixo

O presidente de Anfaco defende os seus propios intereses: merca mexillón barato onde sexa é véndeo como mexillón galego. Non é un fraude que o consumidor o compre pensando que é mexillón galego e llo cobren como tal?
Estando de vacacións en Murcia comprei unha lata de mexillón galego e ao abrila atopei que tiña dentro mexillón verde neozelandés que nin siquiera é mexillón porque é o Perna viridis e polo tanto non é mitílido.
Eso si, tamaño enorme pero cun sabor desagradable. Non é esto un fraude?
O mercado é libre e seguramente teñen dereito a mercar a materia prima onde queiran. Pero estannos a meter gato por lebre, ou mellor dito chorito (nome do mexillón chileno) por mexillón. Se non nos están metendo o choro zapato inmaturo que é unha cousa parecida a un mexillón que acada os 20 cm de lonxitude.
Que pasaría se nunha cafetería nos deran achicoria por café?
Estou no meu dereito de tomar achicoria se así o quero. Pero que non ma fagan tragar convencéndome de que é café e cobrándome como tal.
Se queren vender merda enlatada que a vendan; pero indicando o seu contido.
Ademáis existe o risco de que o consumidor enganado deixe de mercar mexillón galego porque non lle gusta o sucedáneo.

Juan dixo

Esto é igual que cando un taberneiro compra coñac de garrafa para encher botellas de marca. Ou a tenda que trae roupa barata de China ou Filipinas e lle pega a etiqueta de Lacoste.
Claro que lles resulta máis rentable!

Anónimo dixo

Juan totalmente dacordo contigo e unha vergoña o que esta pasando. Que enlaten merda, e o digan. Calvo ameazou con cerrar a sua planta de Esteiro hai dous anos e recibeu unha cuantiosa inxeccion economica do Goberno galego. Os impostos dos galegos en subvencions para xenerar riqueza aqui en Galicia non para investir fora noutros paises. E hai alguns productores que din que se preocupan dos fabricantes que o que fixeron foi roubarnos todo o que puderon. Antiguamente levaban 7000 kg e as basculas pesaban 5000 e taraban os camions mal, sabe Deus o que teñen roubado. E ahora preocupanse de engañar o consumidor e jodernos a nos. Non mais abusos. Forza Galicia.

Anónimo dixo

Nese grafico as importacions baixaron porque nos anos anteriores descargabase mais mexillon no porto de Vigo e agora estes barcos van descargar a Portugal que teñen menos controis. Vir, ven cada vez mais, loitemos contra esa merda que ven por ai sin controis de ningun tipo. Boicot as empresas que engañan os consumidores.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...