24.7.08

A procesión marítima

A procesión marítima chegando ao Campo

A xente agardando a chegada da Virxe do Carme


Os mariñeiros levan a ombros a imaxe, cargadiña de ristras de billetes

O barco do “Pejo” foi o encargado de levar este ano a imaxe da Virxe do Carme na procesión marítima. No barco da Virxe viaxan, ademais, a orquestra, os quintos, as autoridades que haxa presentes, o cura e a toda a familia dos propietarios. Sempre foi considerado un privilexio –ademais dunha responsabilidade- transportar á patroa dos mariñeiros, aínda que este ano, disque só se ofreceu un barco. Cando hai varios candidatos, a elección da embarcación faise por sorteo ou á poxa máis alta.

2 comentarios :

Anónimo dixo

olaa

Estou traballando dnede hai un tempo nun video recopilatorio de imaxes sobre a Illa e estaría interesado en poñer nel algunhas imaxes deste blog.
Qeriate comentar si me das permiso para colgalas nel.

eu_arousan@hotmail.com

nailla dixo

Ola arousán, moitas grazas por pedir permiso. As imaxes deste blog proceden de diversas fontes. Algunhas poden usarse para proxectos se ánimo de lucro, e outras non. Así que depende... xa me poño en contacto contigo.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...