3.7.08

O libro das festas


Xa corre de man en man o "libro das festas", o folleto que edita anualmente a comisión das festas do Carme para dar a coñecer a programación. A reprodución de fotografías antigas, cedidas polos veciños, é un dos principais reclamos desta publicación. Á xente gústalle recoñecer e recoñecerse nestas imaxes, que mostran escenas cotiás de tempos pasados e amigos e familiares que xa non están, ou que cambiaron moito.

7 comentarios :

Anónimo dixo

porque sempre ten que salír o barco dos Pupús en todalas fotos?

Anónimo dixo

Porque o ano anterior levou a imaxe da Virxen do Carmen. O ano que ven saldra o barco do Pejo. E mereceno ben polo traballo e sacrificio que e levar a imaxen, eu axudin alguns anos e a parte de gastar os cartos non disfrutas as festas. Oxala non se perda a tradicion e siga habendo voluntarios para levar a Virxe. Que por certo cada vez hai menos.

Anónimo dixo

¿Voluntarios, vírxenes ou ambalas duas cousas..?

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...