4.6.08

O “Arosa folk”, o festival da transición

Non pasara aínda un ano da morte do ditador Franco, cando a “Delegación Nacional de la Juventud” decidiu organizar unha gran mostra de música na illa de Arousa, coa participación de representantes de todas as provincias españolas. Descoñezo as claves para interpretar o por que da elección xeográfica, pero chama á atención que fose nunha illa galega mal comunicada, con fama de díscola e na que o turismo era un fenómeno descoñecido. O caso é que entre o 4 e o 7 de setembro de 1976, tivo lugar no piñeiral de Testos o “Arosa Folk”, o primeiro gran espectáculo de masas que se celebrou na illa. Asistiron unhas 3.000 persoas e foi presentado por unha estrela televisiva da época, Eva Gloria, cara habitual dos espazos musicais de TVE. Naquel festival de ambiente hippi, con escenario ao aire libre e centos de mozos aloxados en tendas de campaña, comezaban a liberarse algúns xustillos do franquismo . A lingua galega estivo presente nos poemas musicados dalgúns cantautores e hai quen se atreveu, entre o público, a erguer unha bandeira galega, que logo foi agochada para non alporizar ás forzas de seguridade.

3 comentarios :

rumorosa s.a dixo

QUE BEN O TIVERON QUE PASAR, IMAXINOMO TIPO BUSTOK...O QUE EU ME PREGUNTO E SI NON HABERA IMAXES DESE FESTIVAL, AINDA QUE SEA DE TVE...ESTARIA BEN VELAS...

Carlos dixo

Las pocas imágenes que existen son de un NO-DO que emitieron semanas después. Yo fui representando a Badajoz y mantengo un recuerdo imborrable de aquellos días. Buena tierra, buena gente y un gran ambiente.

Berty dixo

40 años han pasado de aquel AROZA FOLK 76 nosotros participamos (Grupo PEARL)por S/C de Tfe.Imposible olvidar la experiencia tanto en lo musical como en la convivencia con tantos chicos y chicas llenos de vida y con muchas ganas de transformar en colores la España que se habia quedado en blanco y negro

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...