Buscar neste blog

7 de maio de 2008

O día do Carme, o 19 de xullo



Pregunta un carcamán de Canarias nos comentarios en que datas son este ano as festas do Carme. Aínda que o día oficial do Carme é o 16 de xullo, na Illa a festa móvese no calendario en función das mareas, para facilitar a procesión marítima, e de xeito que sempre cadre en sábado. Este ano, o día do Carme celébrase o sábado 19 de xullo, e previsiblemente, as festas arrincarán xa o mércores ou o xoves anterior, coa festa dos quintos. Déixovos aquí un vídeo promocional do Carme doutro ano.

2 comentarios:

  1. Hola
    Que pena esta data! Non poderei ir este ano a divertirme con todos vos. Non comezo as vacacións ata o 26 de xullo, polo que unha vez mais non as poderei disfrutar. Son as mellores festas que recordo, nelas os mellores momentos, a festa dos quintos, a comida na "bousa", as regatas, e a mellor procesión da Virxe do Carme. En fin espero que sigan crecendo estas festas, pero que nunca perdan o seu encanto, as súas raices. Que o pasedes todos xenial.
    Un saudo a tod@s.

    ResponderEliminar
  2. moitas grasias por darme as fechas hay estarei coma un clavo non faltarei son as mellores grasias de un carcaman desde canarias

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.